«O libro é unha pequena vitoria para a memoria histórica»

A. P. ordes / la voz< / span>

SANTIAGO

10 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois dunha fonda investigación, Manuel Pazos presentou onte na casa da cultura de Xanceda A República da Berxa, a biografía política de quen foi alcalde de Mesía en dous períodos da II República, Antonio Gómez Carneiro. Arroupado por familiares, colaboradores, representantes políticos da contorna, Pazos cualificou esta obra coma «unha pequena vitoria na recuperación da memoria histórica», un labor no que asegurou «quedan aínda moitas batallas por librar entre todos». Sobre Gómez Carneiro, o autor quixo facer fincapé nas súas fondas conviccións demócratas: «Foi sempre fiel ao republicanismo, ao laicismo e sobre todo, encarnou coma ningún outro os valores da democracia en todo momento, incluso cando foi condenado e represaliado polo Franquismo». Ademáis, asegurou que a biografía deste persoeiro «culto, emprendedor, convincente e respectado por todos» permite coñecer «a evolución sociopolítica da comarca de Ordes durante boa parte do século XX».