O Concello lanza a campaña «Eu merco en Ordes»

a.p. ordes / la voz

ORDES

13 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

«Eu merco en Ordes» é o lema da campaña promovida desde o Concello que pretende concienciar aos veciños da importancia de consumir dentro do municipio, nunhas datas nas que as compras se multiplican. A través dun video no que participaron nenos, mozos, persoas de mediana idade, maiores e mesmo un can, o seu creador, o ordense Xosé Rivera, quixo facer fincapé «en que todos somos parte activa da vida de Ordes, e en todos repercute positivamente o consumo local». O uso do galego, o castelán e a linguaxe de signos é un recurso máis do autor para pór de manifesto unha diversidade na demanda que desde o Concello aseguran pode ver satisfeitas as súas necesidades sen saír de Ordes. A campaña complétase con cartelería nos establecementos e espazos públicos da vila, para que a súa mensaxe permaneza alén do Nadal.