Exitosa homenaxe a Juanjo Liñares na Casa da Cultura

La Voz

ORDES

06 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa da Cultura de Ordes quedou pequena para acoller aos veciños que honraron coa súa presenza a figura de Juanjo Liñares, nunha homenaxe con motivo do quinto aniversario do seu falecemento. Na cita, organizada polos responsables do Museo do Traxe, que alberga a colección do bailarín e coreógrafo, non faltou a agrupación Sementes do Arte, que el fundou, e a compañía Danza Ibérica, cuxo director foi alumno de Liñares. As súas actuacións encheron de arte o escenario baixo o recordo de Liñares.