Ordes rende homenaxe mañá a Juanjo Liñares no aniversario da súa morte

a.P. ordes / la voz< / span>

ORDES

04 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O coreógrafo e bailarín Juanjo Liñares, fillo predilecto de Ordes, será homenaxeado na súa vila natal mañá, cando se cumpren cinco anos do seu pasamento. O acto, que se celebrará na Casa da Cultura a partir das oito do serán, estará aberto ao público en xeral e contará coa participación de Sementes do Arte, agrupación local que el mesmo fundou; e a formación Ibérica de Danza, cuxo director, Manuel Segovia, foi alumno do finado.

O evento será tamén unha oportunidade para lembrar a importancia do legado duns dos ordenses máis ilustres. A colección de traxes recompilados por todo o mundo ao longo da súa vida é unha das máis importantes de España, e pode visitarse no Museo do Traxe que leva o seu nome. Ademais, o seu labor de investigación das danzas tradicionais españolas durante máis de 40 anos valeulle toda clase de recoñecementos, entre eles a Medalla das Belas Artes.