A publicación dos empresarios melidenses leva un premio

melide / la voz

MELIDE

17 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O Servizo de Normalización Lingüística Terra de Melide acordou distinguir co terceiro Premio á Defensa do Idioma ao publicación Cerne, que edita a asociación de empresarios Asetem. O xurado valorou a «pulcritude lingüística» da publicación e o compromiso da patronal coa lingua ao apostar polo galego nas súas facetas comunicativas.