«A nosa proposta baséase na experiencia»

La Voz

SANTIAGO

20 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Anosa proposta está baseada na experiencia e merece confianza. Cremos no ensino público e pelexaremos por mellorar o financiamento. Queremos obter máis ingresos crecendo en docencia e investigación, xestionando con eficacia, axilizando a toma de decisións, facendo unha Universidade máis áxil que comunique mellor, e aumentar así a nosa reputación para que calquera poida estudar aquí con garantías de éxito.

o día despois

No goberno ou na oposición.

Concordo en que hai formas de procurar acordos, e nestes catro anos non se utilizaron a pesar das mans tendidas que houbo. Toda a comunidade ten que axudar a saír desta situación con diálogo. Se estou na oposición o brindo, e se son reitor o pido.