Marcos Maceira será o novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Joel Gómez SANTIAGO DE COMPOSTELA

SANTIAGO

Historiador e presidente da asociación cultural O Galo, de Santiago, releva a Carlos Callón, que ocupou o posto os últimos 12 anos

19 abr 2014 . Actualizado a las 15:41 h.

Marcos Maceira, historiador e presidente da asociación cultural O Galo de Santiago de Compostela, é o único candidato que se presenta para sustituir a Carlos Callón como presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Na nova Comisión Permanente estarán tamén, en vicepresidencias, Mónica Pazos, profesora de galego, e Carlos Outeiro, enxeñeiro e traballador de Navantia; a enfermeira Susana Méndez será a nova secretaria; e Paulo Filgueira, Elsa Quintas e Manuel Rei manterán as actuais responsabilidades na Permanente.

A nova directiva será refrendada o sábado próximo, día 26, nunha asemblea que se celebrará na Coruña, no centro social Agora.

A única candidatura foi presentada hoxe, na libraría Couceiro de Santiago, coa presenza de Carlos Callón e Iria Taibo, que foron presidente e secretaria da Mesa os últimos 12 anos.

Callón e quen será o seu sucesor, Marcos Maceira, coincidiron en que a nova directiva será «de continuidade». Entre as primeiras iniciativas, organizarán actividades para celebrar as Letras Galegas; e unha denuncia perante a Unesco pola situación do idioma, que prevén formalizar en novembro deste ano, segundo avanzou Maceira.