Concello y Diputación cierran filas en torno a la reforma de Luis Rocafort

carmen garcía de burgos PONTEVEDRA / LA VOZ

SANXENXO

RAMON LEIRO

Pita asegura que en el pleno había protestantes con pancartas sin locales en la calle

29 mar 2017 . Actualizado a las 05:25 h.

«Lamentablemente todo o mundo ten que entender que onte (por el lunes) había xente alí que estaba izando pancartas, que non ten nin locais por alí. Está claro que é un tema politizado, e eu non estou coas siglas nin coa política, senón cos veciños». De ello no solo está seguro el alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, sino también el vicepresidente de la Diputación, que realizaba poco después unas declaraciones en el mismo sentido. «Luis Rocafort leva moitos anos, décadas, dándolle voltas a que se facía, houbo varios intentos bastante desafortunados, e ningún deles xestionado polo PP, e ningún foi adiante. E agora que hai un proxecto negociado co Concello e con todas bendicións, con todo ben feito, un proxecto dignísimo, que creo que vai deixar a zona moi ben, parece hai que deslucir a obra», lamentaba.

«É curioso, porque o PP cando estaba a obra en deseño dicía que había que apurar», cosa que, criticó, no se podía hacer si lo que se perseguía era un consenso y un plan bien definido. «E agora que está consensuado, non ía permitir o PP que unha obra na que incluso o propio portavoz, Telmo Martín -que estivo de alcalde en Sanxenxo oito anos e foi deputado provincial aquí-, fracasou estrepitosamente en poder facer algo bo alí; agora non ía deixar pasar a ocasión de intentar deslucilo e montar lío, levar mocións a pleno, etcétera. Era absolutamente previsible porque actúa sempre igual e, polo tanto, non hai ningunha novidade», añadió.

Pita, por su parte, insistió en la inconsistencia de las protestas del último pleno: «É sorprendente que se presente unha moción por parte do PP solicitando oitenta ou noventa prazas, así pon textualmente a moción, e non saiba a estas alturas que o proxecto xa contempla noventa. Polo tanto, está claro que é unha manobra política, antes dicían que non o iamos facer, e agora, como estamos facéndoo, teñen que sacarlle cuestións para sacalo á palestra». Y, también al igual que Mosquera, mostró su total confianza en el proyecto: «Sanxenxo leva vinte anos esperando por este proxecto, e vai quedar unha rúa das mellores que a nosa contorna, e non só do Concello de Sanxenxo, vaia visualizar».

«Con respecto á plataforma e aos afectados por esa falta de aparcamento, que non lles caiba dúbida de que aquí teñen un alcalde que vai defender os seus intereses, e ese é o meu compromiso dende a primeira reunión que tivemos. Todo aquilo que sexa sensato, viable tecnicamente e coherente vou petar enriba da mesa para que se faga», concluyó el regidor sanxenxino.