Diego Blanco ficha no Vilalonga xunto a Bisti, a Adrián Rosal e ao gardamallas Adrián

vilagarcía / la voz

SANXENXO

06 jul 2015 . Actualizado a las 22:03 h.

Fin de semana altamente produtivo nos despachos do Novo San Pedro. A diretiva do Vilalonga pechou a contratación de catro novos futbolistas, que elevan a 19 o número de homes a disposición de Antonio Fernández no plantel que voltará competir a vindeira tempada na Preferente Sur.

A lista comeza polo dianteiro centro Diego Blanco. O ex capitán do Xuventú Sanxenxo e unha das súas pezas clave en tantos ascensos e pasos efémeros pola Terceira División chega con 34 anos tras colaborar con 19 tantos á volta do Unión Grove á Preferente Sur coma campión do Grupo V da Primeira Autonómica. O seu reto, facer esquecer a Machu.

O Vilalonga tamén vén de incorporar a Bisti, descartado polo Ribadumia, para cubrir a praza de mediocentro defensivo referente do equipo. Adrián Rosal, mediapunta que sae do Pontevedra de División de Honra Xuvenil, e o gardamallas Adrián, procedente do filial granate e ex Céltiga, son as outras últimas incorporacións en paralelo ao adeus de Ramón.