Algúns dos centos de termos e expresións sistematizados

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

23 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Mexar por fóra da vasenilla: dise da persoa que desvaría, que di cousas incoherentes ou que non veñen a caso. Cagar na mazaroca: meter a pata. Meter o óso no pote: copular. Cargar pa Pontevedra: cheo a tope. Dese carneiro non rapas outra lan: afán en aproveitarse de algo única e exclusivamente unha vez, por non ter máis oportunidades de facelo.

Vai cos da feira e vén cos do mercado: persoa sen personalidade que tanto vai con uns coma cos outros. Bótalle o can no rastro: cousa que se perdeu e non se pode recuperar aínda que se intente. Asubíalle aás barbadas: algo que se foi ou que se perdeu e non se pode recuperar aínda que se intente. «Arnagado» sea o demo: escorrentando aos demos cando se ve ou percibe algo sen xeito, fóra de lugar ou absurdo. Non hai can que non mexe a parede: expresión que se fai cando alguen innova nalgo e a corrente de xente séguelle atrás. Todos queren facer igual. Non queren ser menos. Envexa.

Dar cadra: contar o acontecido.

Fol de veneno: persoa mala, animal malo. A mellora pola vella: consta do 50% para o amellorado e do outro 50% a repartir en partes iguais entre todos os herdeiros (incluído tamén o amellorado).

Sepostallo: soporte de quita e pon que remata pola parte de riba en forma de horquilla co fin de sostela cabezalla para que descansen os animais que van ao carro. Caínzo: táboas de madeira que se colocan na volta dun carro para que non caia a herba, gran, leña ou o que se leve. Rastrallos: rastrollos, lixo vexetal, lixo procedente de herba, polas, follas...

Chavella: peza que atravesa o xugo. Pioga: peza do carro. Aseirón: asas ou cestos que levan os burros no arreo. Arreo: peza que leva o burro no lombo para cargar leña, herba, millo... Xoio: herba de heno. Cabezalla: parte dos carros onde engancha co tractor ou co xugo. Esbillocado/esmillocado: gran, millo, fabas, centeo que teñen furados ou que teñen o bichoco dentro. Chota: rolo de esterco. Decruar: primeira labra a un terreo. Dobla: peza do carro. Galga: freo do carro.

Grañón: Cabalo grande ou persoa brava e falsa. Cabirta/o: cabra. Goño/goñiño: porco ou porquiño. Xovellas/xovellos: ovellas. Bichoco: bicho, insecto que non voa. Guedellas: zarrallas, la moi grande e moi porca. Dise das guedellas das ovellas. Cusquelo: cadelo ou can pequeno. Costro: leite calostro. Cordear: levar un animal pola corda e que responda a ela, que non free cando se tira.

Carvaliza/ cravaliza: Cuadra de esterco onde dormen os animais. Cañeira: curro, corral. Pexados/poxados: poldras, pedras colocadas en ringleira para poder pasa-lo río sen mollar os pés. Cornecho: esquina, anaco. Recostiño: terreo supite ou costento que vai xirando cara a dereita ou esquerda. Barrasqueiro: barral, terreo ou terra con barro. Cadullo: treito dunha leira. Borde dunha leira, que non hai froito, é coma un camiñiño para pasar a xente sen danar a pranta. Arrueiro: horta arrimada a casa. Leira pequena na volta da casa. Galboio: pendello mal feito, feo, estreito e normalmente que non se integra na paisaxe. Chavolo pechado. Relleira: terreo costento.

Cavaduiro. Utensilio con dous picos ou dentes largos que se usa para arrincar chotas de esterco da corte. Rello: corda. Aguillón: vara cunha punta no extremo para picarlle aos animais, sobre todo vacas, para que anden ou non se desvíen. Cravillón: caravilla grande, potente e forte. Cravilla: caravilla pequena, lene e xeitosa. Varal: vara larga e delgada. Galla: dentes da urquilla, galleta ou cavaduiro. Eixada: apeiro que se usa para rosar o monte, cortalo toxo a rentes do chan. É parecida a un sacho ou legón, pero de forma máis cadrada en ancha. A parte coa que se corta o toxo vai un pouco afiada, xa que ten que cortar o toxo a rentes do chan. Buceira: aparello de metal, vimbio ou palla que se lle mete no fuciño aos animais para que non traben ou coman.

Apoloutar. Magrear, tocar moito a unha persoa con ou sen permiso dela. Asaído/asaída: persoa ou animal en celo. Saszón: celo. Animal ou persoa en celo. Garrear: pelexar, tamén acosar sexualmente. Porfasia: cona, xenital da muller. Criqueiro: mariconeiro, home afeminado. Pixota: membro viril. Espandearse: mover o cu, remexerse, insinuarse con afán de atraer a outra persoa ou animal. Conadunto: muller vulgar con aires refinados. Dise da muller bravucona con aires finos, rancia.