«Hai catrocentos anos que os contos non se reinventaban»

Carmen García de Burgos PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

. ramón leiro

Con premios ás súas costas, o pontevedrés explica que é «As viaxes de Castelao», a app educativa, xa dispoñible para IOS

18 oct 2016 . Actualizado a las 20:52 h.

Toño Escudero (Pontevedra, 1975), asegura que a aplicación para tabletas -encargada e presentada onte na Deputación de Pontevedra dentro da súa programación cultural do Ano Castelao- permite a calquera persoa en China ou EE UU facerse unha idea sobre o intelectual.

-¿Como funciona?

-A aplicación é un xerador de contidos sobre a vida de Castelao. Traballamos dunha forma amena en forma de ilustracións de Víctor Rivas moi chulas para os nenos, e adaptamos a cronoloxía da vida de Castelao, que ás veces pode ser un pouco densa, para diferentes idades para que sexa máis amena e divertida. Ten un conto embebido dentro da propia aplicación onde conta a vida de Castelao e os sitios máis importantes. Faise para que a persoa que abre a app por primeira vez teña unha referencia de quen era Castelao, porque haberá xente que o coñeza ou non en todo o mundo, en China ou EE UU. Tamén permite entrar en modo edición, e vas compoñendo a túa propia historia, e o pai, profesor ou alumnos poden ir engadindo obxectos en función dos fondos elixidos para ir compoñendo escenas, postais, texto o a súa propia voz. Eses contidos que crea pode envialas como unha imaxe, voz, ou exportar todo o conto en pdf para imprimilo, ou crear un audioconto e envialo en formato mp4 a calquera parte do mundo.

-¿Son necesarias as apps para chegar aos xóvenes?

-É un bo recurso educativo, máis accesible. Hai que sintonizar coa sociedade actual. Os contos facía 400 anos que non se reinventaban e sempre foron contos, e agora as apps e outros contidos dixitais permiten dar un paso máis. Eles están máis acostumados a ter tecnoloxía preto deles, e todo o mundo ten algún dispositivo.

-¿É un bo momento para dedicarse ás apps ou hai exceso?

-CreappContos xa ten unha traxectoria a nivel nacional e internacional, coa mellor app educativa de España e unha das mellores de Europa. Levamos dez ou doce apps de contidos educativos para nenos de 6 a 12 anos. Hai que diferenciarse da competencia.