«Tentaremos manter a fortaleza na casa»

manu otero PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMON LEIRO

Luisito destaca o perigo do Racing tanto ao contragolpe como no xogo de toque e pide concentración defensiva

01 oct 2016 . Actualizado a las 16:28 h.

O Pontevedra recibe mañá ao Racing de Ferrol en Pasarón. Os de Luisito contan os seus partidos como locais por vitorias e ante os de Michel Alonso multiplicarán a súa intensidade defensiva e buscarán a posesión para manter á racha.

-Toca defender o fortín ante un dos mellores equipos da liga.

-Trataremos de manter a fortaleza na casa. Pero nós fora perdemos en dous campos de dous favoritos ao play-off. Na casa estamos bastante ben pero eles veñen tamén cunha dinámica bastante boa e será un partido complicado para os dous.

-Tres partidos como locais, tres triunfos, ¿pódese repetir o guión?

-O equipo está ben en canto a xogo. O outro día (o pasado domingo contra o Izarra) tivemos moitísima posesión, da que me gusta a min, non de mentira. O outro día tivemos o balón para facerlle dano ao rival e iso é o que eu quero, unha posesión efectiva. Pero somos conscientes de que nos enfrontamos a un equipo que leva tres tempadas xogando playoff a Segunda A e que o ano pasado perdeu o título no último partido. Teñen a base da tempada pasada e é un moi bo equipo. Coas nosas armas a ver se somos capaces de contrarrestar o fútbol deles e xogar como nós sabemos.

-¿Que lle preocupa do Racing?

-Todo. Porque é un equipo capaz de marcar un gol tras unha combinación incrible e logo nun contraataque tamén che fai gol porque teñen futbolistas arriba que fan moito dano. Tamén a balón parado teñen moita envergadura. Por algo son favoritos.

-¿Que veremos en Pasarón?

-Será un bo partido pero vai ser difícil para os dous porque os dous vimos de gañar, temos moita ilusión, moita enerxía e os futbolistas e adestradores coñécense todos. Nos derbis as forzas normalmente iguálanse. Na tempada pasada había diferencias bastante grandes entre o Racing de Ferrol e o Pontevedra, sobre todo nas condicións que chegaron eles a Pontevedra e nas que estábamos nós, e así se refrexou no marcador. Eu creo que agora as forzas estarán máis niveladas e pode cair tanto para un lado como para outro.

-Sinalaba Míchel que o partido o poden marcar os erros.

-Estou de acordo. Temos que andar moi avispados e a nivel defensivo conceder moi pouco porque eles teñen xogadores con necesitan moi pouco para facerte moito dano.