«A música e a danza son protagonistas»

Victoria amoedo

PONTEVEDRA CIUDAD

. Cedida< / span>

Ponte Coqueta chega hoxe á praza de Curros Enríquez da man do Concello de Pontevedra e do dúo Primordiais, que presenta o seu disco

27 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Marcelo Dobode é o encargado de poñer voz e percusión a Primordiais. Pero ademais, este músico é un dos responsables da organización de Ponte Coqueta, unha festa que se propón viaxar no tempo e facer que Pontevedra volva aos anos 20 da man do seu disco Droguería Moderna. O entorno de Curros Enríquez, co seu propio establecemento chamado do mesmo xeito e rodeado de edificios daquela época, preséntase como o espazo ideal para unha iniciativa que quere que a cidade do Lérez baile a ritmo de swing.

-¿Como xurdiu a idea de facer Ponte Coqueta?

-Esta festa naceu como una colaboración entre o dúo Primordiais e o Concello de Pontevedra. Nós recuperamos para este primeiro disco chamado Droguería Moderna varios temas que tocaban algunhas bandas galegas da época influenciadas pola música americana, polo blues e polo swing. Ademais vimos o auxe que están a ter bailes como o lindy hop, que parte da estética actual se inspira na dos anos 20 e 30, que se están a recuperar as sesións vermú... Así que nos centramos nesta iniciativa como marco para presentar o noso traballo.

-¿Que van a poder atopar os pontevedreses que se acheguen a Curros Enríquez?

-Vai ser unha homenaxe aos bailes que había na cidade naquela época. É unha festa onde a música e a danza son protagonistas e estarán moi presentes, así que teremos música dende as doce da mañá ata as doce da noite. Ademais haberá unha feira vintage con mobles, cerámica, roupa, xoiería, comida... E a propia Droguería Moderna fai unha mostra de maquillaxe pensada para que a xente se poña guapa para o evento.

-¿Cales son as actividades que destacan dentro do programa?

-Ás 17 horas hai unha oferta de talleres de balde para nenos. As crianzas poden crear o seu propio papaventos e tamén aprender serigrafía antiga con pinturas e tintas, para que descubran como se facía nos anos vinte.

-¿E os talleres organizados para que a xente baile?

-Sobre as 18.30 horas empeza o taller de lindy hop, moi divertido e igualmente de balde, para todos aqueles aos que lle gusta danzar e probar novos ritmos. E despois o grupo The Alley Stompers vai tocar música para que poñan en práctica o que aprenderon no taller. Teremos ademais premios para os que mellor bailen, que recibirán a súa recompensa, e tamén para os veñan mellor vestidos dos anos 20.