«Moitas veces a ilusión supera a presupostos desorbitados»

manu otero

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMON LEIRO

El técnico recibió ayer el galardón a mejor entrenador gallego del año por parte de la asociación de clubes

30 jun 2016 . Actualizado a las 17:40 h.

La temporada de Luisito con el Pontevedra no pasó inadvertida fuera de Pasarón. La asociación de clubes lo eligió como mejor técnico del año por el ascenso y la sorprendente campaña. Sin sentirse favorito ni marcarse metas, Luisito apela a la ilusión para seguir rompiendo barreras.

-Que os compañeiros o escollan como o mellor técnico do ano debe ser un orgullo

-Quedei sorprendido, estou eternamente agradecido porque votaron todos os clubes é iso é o que máis ilusión me fai.

-Co seu currículo, ¿como pode ser que sexa o primeiro premio?

-Como adestrador en Segunda B teño seis play-off e tres ascensos con diferentes clubes. Nunca fun distinguido e por iso me fai tanta ilusión. Tamén que sexa co Pontevedra. Agradézollo a todos futbolistas que adestrei. -¿Por que escolleron a Luisito?

-Valorarían ter ascendido co Pontevedra, quedarse co 80 % da plantilla de Terceira e está mal que eu o diga, pero fixemos un temporadón, unha campaña recoñecida por todos. Non é so mérito meu.

-¿Foi unha miragre o do Pontevedra deste ano?

-Miragre non porque eu sei o que traballamos, pero ninguén contaba con nós.

-E para este ano, ¿que podemos esperar do Pontevedra de Luisito?

-As señas de identidade serán prácticamente iguais. Con diferentes futbolistas, buscamos unha columna vertebral con máis envergadura, o estilo de xogo será o mesmo pero algúns teñen características diferentes aos que se marcharon. Pero co ambicioso que son eu transmitireillo aos futbolistas e moitas veces a ilusión supera aos presupuestos, algúns desorbitados para esta categoría.

-A esixencia este ano será maior e un grupo con equipos como a Ponferradina, ¿non asusta?

-Se o Pontevedra tivera un presupuesto por enriba dos 700.000 euros para a primeira plantilla, sí que a esixencia tería que ser máis. Competiremos contra equipos de cerca de dous millóns de euros. Pedir máis é enganarnos, hai que seguir pelexando por mellorar tempada a tempada. Cando o clube estea saneado, a ver se somos capaz de chegar a cotas maiores. Hai que ser realistas, teñen máis presuposto que nós, pero non me dan ningún medo.

-¿Estes anos seus no Pontevedra, están sendo os mellores como adestrador?

-Non sei se son os mellores. O que si sei é que son feliz porque síntome moi querido por toda a afección e moi respaldado polo consello de administración.

-¿Vese moitos anos en Pasarón?

-Iso nunca se sabe. Este mundo vai en función dos resultados. A min gustaríame chegar ao futbol profesional co Pontevedra. Se son capaz de facelo, como digo eu, xa me poden pegar un latigazno na zona técnica e podo morrer que morrería feliz.