«É unha festa que facemos entre todos»

La Voz

POIO

A devoción e o ocio danse cita estes días en Poio, e se conxugan diante do seu mosteiro para diversión de todos os veciños da zona

24 sep 2016 . Actualizado a las 05:30 h.

Josefa Piñeiro e o resto de membros de la Fraternidade Seglar da Mercedaria da Orden 3ª convertéronse este ano en asociación. O obxectivo non é outro que continuar organizando a cara lúdica das Festas da Merced de Poio. Hoxe, a música virá a cargo da orquestra Mirama e o trío Azabache. Tamén haberá música tradicional e local, coa Escola de Poio e o grupo Vides Novas.

-¿Levan moitos anos ao fronte desta celebración?

-Eu ocupei hai pouco o cargo de presidenta, xa que a nosa anterior compañeira está algo maior xa. Durante os últimos anos xa lle ía axudando a tirar do carro, aínda que ao final, todas tratamos de por a nosa parte.

-¿Que motivou que pasaran de orde a asociación?

-É máis fácil a hora de optar a subvención e axudas, e ao final, o único que queremos e que as festas salgan o mellor posible e da mellor maneira.

-Pero non se dedican só a esta festa...

-O resto do ano traballamos noutras cousas. En Nadal, por exemplo, facemos paquetes de comida para os necesitados. Tratamos de axudar no que podemos.

-Sen embargo na Merced adoptan a cara máis lúdica e deixan que sexa a Asociación da Nosa Señora da Merced a que se encarga de preparar a imaxe para as festas. Lévanse ben, ¿non?

-Claro, claro -rí-. Nós organizamos o que é a festa, as verbenas, a música e tal, e así está perfecto. Cada asociación ten a súa maneira de colaborar e crear a festa. Tamén temos os novos momentos relixiosos.

-Aínda co apoio do Concello, toda a festa pasa polas súas mans.

-Así é. O Concello este ano tivo que axudarnos algo máis porque ao coincidir en fin de semana as orquestras estaban supercaras. O resto si o facemos grazas aos veciños que tamén axudan cos seus cartos. É unha festa que facemos entre todos, o cal sempre é algo bonito.