Encontro literario, música polas rúas e obradoiros

La Voz

CUNTIS

Cuntis organiza varias actividades para conmemorar o Diá das Letras Galegas

17 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A partir das 10.30 horas • Horta do Cura e casco antigo de Cuntis • O Día das Letras Galegas arrincará na vila termal cunha ofrenda a Roberto Blanco Torres ante o seu busto da Horta do Cura, onde tamén se celebrará un encontro literario.

O programa inclúe música polas rúas e unha exposición de venda de flores, plantas, artesanía e libros durante todo o día. Tamén haberá diversos obradoiros infantís e un concurso de pintura con máis de 2.000 euros en premios.

O trío Refugallo ofrecerá un espectáculo de rúa para todos os públicos, ao que seguirá un concerto da Banda Unión Musica de Meaño.

Pola tarde terá lugar un xogo de rol na Casa da Cultura, un serán de contos na praza de Galicia e una representación de Limiar Teatro.