«Non ter vido antes a esta festa é un fallo»

Carlos Pereiro VILABOA / LA VOZ

CUNTIS

<span lang= gl >Isabel sente moito respecto por ter sido a elixida para iniciar a xornada de festa</span>
Isabel sente moito respecto por ter sido a elixida para iniciar a xornada de festa . C. pereiro< / span>

O pregón da V Mostra do Viño de Vilaboa terá asegurada a calidade, máis a paixón que a actriz lle impregnará

22 may 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

A actriz galega chega a Vilaboa disposta a dar o pregón que a V Mostra do Viño se merece. A coruñesa sabe que é un momento importante e espera facelo ben. Deixa a actuación por unhas horas e tentará de darlle ese arranque festeiro que todos os veciños agardan.

-O do pregón é un arte, ¿xa o ten escrito ou será algo improvisado?

-¡Niso ando! O pregón dunha festa é algo importante. É un momento intenso coa xente que ofrece moito respecto, tanto para uns coma para outros. Estou escribindo pero pouco a pouco, tento facelo con viño para ver se me vén a inspiración, pero tería que ser con viño de Vilaboa, mágoa non telo a man.

-¿Ten experiencia xa en dar pregóns??

-Algún teño dado, si. Moitos dos que me convidaron son pregóns relacionados coas papilas gustativas, coma o da Ameixa de Carril, o do Lacón con Grelos de Cuntis... Tamén din un pregón en Sada. Algún si que fun dando.

-Parece que posúe un verdadeiro currículo....

-(ri) Pero ségueme dando moito vertixe. Son momentos importantes para a vila, para os veciños. As festas hai que gozalas e darlles ánimos, sexan as que xa teñen moita tradición ou as que están empezando, hai que tratalas a todas por igual.

-¿Que sinte un cando lle piden que dea un pregón? Ao fin de contas é algo que todos quixemos dar algunha vez.

-Claro. Ademais do respecto, sentes unha cousa moi túa, porque é un momento importante da vila pero tamén é un momento importante para ti porque sentes que contan contigo para elo, que te chamaron para animar a toda esa xente. É un exemplo de confianza e responsabilidade moi grande.

-¿Por Vilaboa xa ten pasado?

-Si, pero tiña pendente vir á Mostra do Viño. Un fallo garrafal pola miña parte, todo hai que dicilo. Agora, vou ir por primeira vez e enriba vou de pregoeira, demasiado para o corpo.