Carballedo estará nas semifinais

La Voz

CERDEDO-COTOBADE

13 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A primeira eliminatoria dos cuartos de final do Ecopreguntoiro estivo moi disputada. O marcador final foi de 7-5 para os alumnos do CEIP Plurilingüe de Carballedo (na imaxe). Non foi para nada un concurso doado. Os alumnos do colexio Sobrada (Tomiño) deixaron escapar rebotes, que eles mesmos aproveitaron. Aínda que ambos conxuntos chegaron empatados ao final, na derradeira quenda os dous puntos caeron do lado dos de Cotobade, que se converten así nos primeiros en conseguir unha praza nas semifinais. foto capotillo