«A figura de Castelao segue estando moi vixente»

C. Pereiro PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

. Luz Conde< / span>

Carlos Camaño participou no Curso Internacional de Cerámica Contemporánea

24 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O XVIII Curso Internacional de Cerámica Contemporánea, que continuará celebrándose no CIFP A Xunqueira ata o día 27, contou onte coa conferencia de Camilo Camaño, artista cangués, que aportou o seu coñecemento e visión sobre a obra do Castelao artista.

-¿Está oculto ao gran público o Castelo ilustrador?

-Si, de seguro. Foi un artista exiliado polo que o réxime sempre tratou de ocultar esa cara, xa que podía ser moito máis vistosa e fácil de entender pola xente cá escrita. Se un afonda na súa obra véselle coma un home universal. A arte non pode quedarse nun pracer estéril e el sempre a usou coma un vehículo para mellorar a sociedade. Unha continua loita por Galiza e o mundo.

-¿É o que máis destacaría da súa obra?

-Eu si. Ademais do valor artístico ou plástico, todas as súas obras teñen esa crítica, ou ese apoio á sociedade maltratada ou inxustamente tratada.

-¿Faise necesario Castelao nestes tempos?

-Eu coido que é un home que non morrerá nunca. Deixou unha pegada tan grande na súa terra que é imposible que o deixemos de lado. Segue estando moi vixente.