26 de xuño=20D + Brexit

Miguel A. Fdez. Lores BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

PONTEVEDRA

30 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Non me gosta manexar inquéritos, distorsionan a realidade. Mais serven para facerse unha idea de realidades descoñecidas. Presentadas estas novas eleccións como unha repetición, coas mesmas candidaturas, coas mesmas mensaxes e cos mesmos programas, os resultados previsíbeis eran ben craros, ou sexa, os mesmos de decembro. Así pois, a realidade era ben coñecida de antemán.

Deixando a un lado a posíbel variación de escanos como resultado das alianzas, a unha repetición case mecánica dos resultados tamén apontaban -décima arriba, décima abaixo-, a maioría dos inquéritos. Os votantes non semellaban que tivesen motivos para moverse.

Pero, moi ao final, si que se moveron millóns de votos. O Brexit, presentado como unha enorme calamidade, copando portadas e titulares, provocou unha catarse social difusa. Tanto nos investidores como nos votantes desencadeou a coñecida «aversión ao risco», deixando para outra ocasión valores e forzas políticas que puideran entenderse como pouco probadas ou menos seguras.

Para o BNG, o 20 de decembro xunto cos abstencionistas por ter comprobado que nos quedábamos fóra, dá os resultados. Moito temos que traballar.