Rafael Louzán: «Se tivéramos gañado a Deputación, eu estaría un tempo moi curto e habería outro presidente»

Lars Christian Casares Berg
Christian Casares PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

Hoxe formalizouse a renuncia de Rafael Louzán como deputado provincial do PP. O expresidente da Deputación de Pontevedra repasa nesta entrevista como tomou a decisión e que vai facer no futuro dentro do partido.

04 sep 2015 . Actualizado a las 19:04 h.

-O feito de tomar posesión para renunciar ao cabo dunhas semans da súa acta de deputado provincial ¿como se xustifica?

-Hai que decir todo como foi. O 26 de maio pregúntaseme que pasará se hai un acordo de goberno entre as dúas forzas que non gañaron e eu contestei. Porque agora hai moitos políticos que din: "ahora no toca", "sobre eso no le contesto", "eso en otro momento"... Eu contestei o que eu pensaba. Se hai unha corporación distinta ao PP eu non debo estar. Eu recollín a acta porque os meus compañeiros mo pediron. O día 1 de septiembre eu tomei a decisión, porque era o día 1, xa iniciara o curso político... era o momento de presentar a miña renuncia. Se houberamos gañado a maioría absoluta, eu estaría un tempo moi corto, hai que decir a verdade, moi corto, e habería outro compañeiro ou compañeira presidindo a Deputación. E esa é a realidade. Haberá quen diga: "dilo agora". Non. Eu digo como o sinto e como ía ser.

-¿E quen ía ser? ¿Habería un nome?

-Non... O nome xa era máis complicado. Porque primeiro había que elexir o grupo provincial.

-Pero vostede é o presidente provincial do PP. Algunha estratexia concreta de sucesión e un candidato ou candidata tería pensado.

-Non, non, non.  Antes había dúas formulas para esto. Ou elexilos a dedo ou sentarnos os do partido xucial correspondente e acordar os nomes. E eu creo que esta fórmula deu moi bo resultado.

-Aínda que se faga así, á hora de compoñer ese listado de nomes un ten que pensar que no equipo ten que haber un delfín.

-Si é certo que unha vez que conformamos este equipo entendín que personas tiñan que levar a voz cantante. Eu propuxen a dúas personas: Nidia Arévalo e Ángel Moldes. Ao mellor o normal sería pensar en [Xosé] Crespo ou Chema [Figueroa], porque xa estaban conmigo como vicepresidentes. Todo no tempo ten que sufrir cambios. E eu por iso me poño á fronte deses cambios tamén.

-E agora que, seguindo esa folla de ruta haberá algo planificado.

-Si te vas porque te vas. Si non te vas porque non te vas. Agora está no aire se me vou ou non do partido. Eu fun elexido no último congreso provincial, temos ata dentro de un ano, un pouco máis, un pouco menos, e aí haberá que tomar unha decisión. Eu síntome coas mesmas ou máis forzas. Porque agora teño máis tempo para o partido e para a presidencia da Federación Galega de Fútbol. Porque son totalmente compatibles.

-Ese cóctel fútbol-política ¿non chirría?

-Este non é o futbol profesional.  É o futbol das persoas, dos que traballan a cambio de nada. E ese é o que me gusta a min. Ese outro fútbol e política do que fala é a outros niveis. Eso non quitará para que eu axude na coordinación do grupo provincial do Partido Popular na Deputación. Pola miña experiencia, basicamente.

-Segue en política. Ten mandato á fronte do PP de Pontevedra ata o 2017, en función de si non se adiantan os congresos tras as eleccións xerais, pero o relevo ¿non está planificado?

-Como temos tempo de aquí alá, para que imos a falar de eso.

-Porque é de interese.

-A xente o que lle interesa é o que vai pasar de aquí a catro meses, que hai unhas eleccións. E sobre iso, eu dixen unha cousa o 26 de maio e se cumpriu. Eso en política non se dá con moita asiduidade. Parece que estamos aí apegados aos cargos. Eu funme con naturalidade. Fixen unha labor ata aquí. No outro tema teremos moito tempo para falar nesa cuestión. Agora temos que traballar moi forte para esas elecciónns.

-Din vostedes que volverán o ano que ven a Soutomaior, ¿pero estará vostede?

-Esa é unha boa pregunta. Veremos dentro dun ano. Pero o PP volver ten que volver, porque eso é un espacio público. ¿Qué imos facer, proibirlle ao BNG que use a praza da Quintana? E non hai que esquecer que un acto como o do PP ten moita repercusión e iso tamén é promoción para Soutomaior. 

-Toca agora confeccionar as listas de cara as xerais, ¿estará Rafael Louzán nestas listas?

-É unha cuestión que haberá que valorar no seu momento. Estou nunha ocupación orgánica de partido, que non é menor, porque hai unha sensación agridulce. Houbo un momento de desmoralización, eu creo que xa superado. O traballo de partido polo tanto require agora moito esforzo. Cando chegue o momento terá que haber un comité provincial para buscar as mellores referencias para liderar as listas do Congreso e do Senado.

-Vostede pensou nelo.

-A verdade é que non.