Anabel Gulías será a número 2 da lista do BNG

La Voz

FIRMAS

23 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Anabel Gulías é a primeira cara nova na lista do BNG paras as municipais. E non será unha máis, senón que irá xusto por detrás de Fernández Lores, no número dous. O propio alcalde e candidato presentouna onte na sé do Bloque, destacando a súa xuventude (ten 31 anos) e a súa experiencia coma xerente do plan Leader no Deza e candidata do BNG en Forcarei, vila á que lle unen lazos familiares, aínda que reside en Pontevedra. O resto da lista farase pública antes de fin de mes. foto Ramón leiro