Arranca o Galegote, o certame de rock en galego

Elena Larriba García
E. larriba PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

A Banda do Terror e o disyóquey O Xabarín de Bora, os primeiros en actuar no Pequeno Karma

24 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O Galegote Rock é unha proposta da Concellería de Normalización Lingüística que pretende achegar a mellor música das bandas galegas ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais que cantan na nosa lingua.

Este festival de tres días de duración, organizado polo Concello en colaboración coa Sala Karma, arranca esta noite coas actuacións de Banda do Terror e do Dj Xabarín de Bora no Pequeno Karma da rúa Charino, a partir das 22 horas.

Mañá, venres, será a quenda de Machina e Transilvanians, que actuarán na sala Karma, na rúa Riestra, ás 22.30 horas. Fillo do Fiusa DJ dará continuidade a esta velada pinchando indie rock de bandas galegas de novo no Pequeno Karma, a partir das doce da noite.

A última xornada de Galegote terá o sábado como protagonistas ás bandas Frenaso no Calsonsillo e Familia Caamagno, seguidos de DJ Nano Vinilo, nos mesmos locais citados.

A entrada aos concertos de Karma custa 4 euros e pódese mercar o mesmo día no local ou reservarse en produccionssalakarma@gmail.com. As sesións programadas no Pequeno Karma son de balde.