Pontevedra inaugura o Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Marcos Gago Otero
Marcos Gago PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Capotillo

A mostra no Pazo da Cultura poderá visitarse ata o día 23

02 mar 2013 . Actualizado a las 22:25 h.

O Pazo da Cultura de Pontevedra amosa desde esta mañá e ata o día 23 as novidades editoriais e os éxitos da literatura para os máis pequenos dentro do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que este ano chega á súa catorce edición. A mostra exhibe tamén os traballos realizados polos colexios e numerosos aparatos que fan referencia ao lema deste ano: «¡A toda maquina!».

Na cerimonia inaugural interviron o alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, a edila de Cultura, Anxos Riveiro, e un grupo de de rapaces que amenizaron a xornada cunha breve actuación teatral.

O Salón do Libro deste ano sorprende aos visitantes cunha maqueta que representa a un zeppelin, unha desas máquinas que é unha figura recurrente nos libros de aventuras e fantasía. O espazo do Salón, dividido en varias salas, ofrece tamén unha ampla selección de libros que os nenos poden ler alí mesmo. Tamén hai varios postos de venda das editoriais participantes e varias sesións de contacontos coa homenaxe centrada este ano en «O increíble home minguante» e «Tempos Modernos».

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil ten previsto esta tarde (a partir das 17.30 horas) actividades especiais para nos nenos como un programa de animación , un obradoiro para a construcción dun tren de xoguete de tamaño real e os xogos da Cidade de Cenorio.