Xunta e Concello colaborarán na homenaxe a Casares

La Voz

XINZO DE LIMIA

cedida

O secretario de Cultura reuniuse co alcalde para coordinar os actos a celebrar o 17 de Maio

13 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse onte á mañá con alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, para coordinar o acto institucional que se celebrará na capital da Limia o vindeiro 17 de maio. A Consellería de Cultura e o Concello de Xinzo colaborarán na organización do que será o acto central do Día das Letras Galegas adicado ao escritor Carlos Casares.