A MIT de Ribadavia aposta por un cartel que simboliza a mestura de creacións e culturas

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

A Mostra Internacional de Teatro acollerá un curso co director e autor Alfredo Sanzol

10 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia xa conta co cartel que espallará a convocatoria da capital do teatro de Galicia. A MIT desenvolverase do 15 ao 24 de xullo e o deseño de Diego Valeiras, responsable de imaxe do festival, apostou por unha obra que representa «os principios de modernidade, fusión e contraste que pretende desenvolver o festival, mesturando as creacións máis innovadoras a nivel internacional e galego nun gran foro escénico».

Curso con Alfredo Sanzol

Para elaborar a obra, Valeiras tomou como referencia a ilustración xaponesa e empregou unha icona en forma de peixe Koi «que representa a fortuna e a prosperidade». Segue tamén a serie de plantas de teatros míticos, empregando nesta ocasión a do teatro romano de Pompeia.

 

Entre as actividades que incluirá este ano a Mostra de Ribadavia figura un curso que estará impartido polo autor e director Alfredo Sanzol.