O amor protagoniza a xornada da MIT

ourense / la voz

RIBADAVIA

. marcos creo

A compañía de Marie de Jong, de Euskadi, actúa na Casa da Cultura e os chilenos de Teatrocinema estarán no castelo

20 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 21.00, 23.00 y 01.00 horas • Casa da Cultura («Amour»), Auditorio do Castelo («Historia de amor») e Oficina de Turismo (coloquio) • 7 euros e gratis • Logo dunha noite e unha madrugada no que o protagonismo tivo denominación de orixe galega e nomes propios, os de Mabel Rivera e Belén Constenla e a estrea absoluta de «Voaxa e Carmín», hoxe a MIT de Ribadavia está protagonizada por unha palabra e un sentimento: amor.

Ao Auditorio Manuel María, da Casa da Cultura, chega esta tarde o proxecto «Amour», espectáculo creado por Marie de Jongh, Teatro Arriaga e Tartean Teatroa. A obra está protagonizada por uns nenos que xogan no país onde todo empeza: «Afánanse en descubrir o mundo transformando o seu universo. Imitan aos maiores, con audacia e desenfado. Atrévense a amar sen saber cal é o seu verdadeiro significado» e ata a se enemistar, sen contar con palabras para expresalo. De súpeto, e xa transcorreron máis de sesenta anos, e xa envellecidos «sacan dos seus petos multitude de palabras que caen como follas murchas. Saben de olores, pel caricia, abandono, refuxio, desexo. E, paradoxalmente, non dubidan en se enemistaren cando xa coñecen o verdadeiro significado de amar».

A velada do auditorio do castelo está hoxe protagonizada polos chilenos de Teatrocinema e a súa montaxe «Historia de amor». Unha historia «bastante peculiar» que une a un home «cunha tal Sophie, no metro. Unha muller que o home seguirá e violará unha primeira vez. Logo continuará co seu fervor psicótico, ata que ela remata someténdose a contraer matrimonio con el, coma unha usura». Ao rematar esta montaxe haberá o coloquio coa compañía.