Os profesionais das artes escénicas piden unha lei para o sector

La Voz OURENSE

RIBADAVIA

Os membros do Centre Dramatique National de Naterre-Amandiers na obra de «Swap Club».
Os membros do Centre Dramatique National de Naterre-Amandiers na obra de «Swap Club». santi m. amil< / span>

A MIT recupera o seu papel de punto de encontro e hoxe dá a coñecer ao gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais

22 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recuperou este ano un dos sinais de identidade que fixeron da capital do Ribeiro un dos referentes na historia da escena galega. Os Foros da MIT, para os que se habilitou un espazo no patio interior da Oficina de Turismo de Ribadavia, ofrecen a posibilidade de participar en encontros cos integrantes das compañías que pasan pola Mostra, coñecer novas iniciativas da oferta galega -como foi o caso do proxecto de Chévere- ou estar presente en encontros chamados a convertirse no futuro en cita recurrente para o sector artístico.

A MIT servía de punto de encontro para os representantes profesionais das artes escénicas en Galicia, actrices, actores, dramaturgos, compañías, festivais, xornalistas, investigadores, produtores e distribuidores, convocados para analizar a situación do sector en Galicia e «rearmarse para o futuro, e dar unha resposta proactiva á crítica situación», vencellada á falta de iniciativas da administración e á deriva de institucións como o CDG ou o Centro Coreográfico Galego.

Recuperar o investimento

No encontro dos Foros da MIT acordouse promover a elaboración dunha proposta para unha futura Lei Galega das Artes Escénicas que tería como obxectivo, segundo se indica nas conclusións da xuntanza: «Regular o sistema escénico galego e garantir unha redistribución orzamentaria que contribúa a recuperar progresivamente o nivel de investimento perdido nos últimos seis anos». Tamén se acordou convocar ao resto de colectivos existentes -da Asociación de Actores e Actrices de Galicia á de Xestores Culturais- para participar na elaboración da iniciativa, implicar ao tecido cultural, cidadán e político na proposta e celebrar unha nova xuntanza no marco do Fito, o Festival Internacional de Teatro de Ourense que se celebrará na cidade entre os días 1 e 12 de outubro.

O director da MIT, Roberto Pascual, salientaba onte a resposta que están tendo os foros: «A xente asiste para coñecer máis cousas das obras ou para participar no debate. Unha das que suscitou unha importante implicación foi a celebrada logo da representación de Ruz-Bárcenas».

Entre as propostas do certame para a xornada de hoxe figura a resolución da décima edición do Premio Abrente de Textos Teatrais. O fallo do xurado anunciarase ás 19.00 horas no Concello. En total son vintedous os orixinais a concurso.

Viravolta e Teatro do Atlántico

A MIT ofrece hoxe a representación

Peer Gynt

, de Viravolta, en San Cristovo (21.00 horas) e de

O principio de Arquímedes

, de Teatro do Atlántico, no castelo (23.00 horas). Ás 20.00 horas está María Parrado na Casa de Cultura con

Palabras de caramelo

.