O Arquivo Histórico Provincial de Ourense amosa os seus fondos aos cidadáns

La Voz

OURENSE CIUDAD

Ana Fernández

O programa de celebración do Día Internacional dos Arquivos inclúe visitas teatralizadas

07 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e o día 9 (venres) • Arquivo Histórico de Ourense (Hernán Cortés, 2) • 17.00 horas (hoxe) e 12 .00 e 17.00 horas (día 9) • Gratis. Inscrición no 988 788 228 • Os arquivos galegos súmanse un ano máis á celebración do Día Internacional dos Arquivos (9 de xuño) e por toda Galicia se desenvolverán propostas e iniciativas para dar a coñecer a actividade e poñer en valor o patrimonio documental. Xornadas de portas abertas, visitas guiadas, obradoiros e outras iniciativas teñen como obxectivo «dar a coñecer á cidadanía estes espazos e a súa importancia como ferramentas fundamentais para a conservación da memoria dos nosos pobos», segundo a Consellería de Cultura.

 

No caso do Arquivo Histórico Provincial de Ourense para estes días están programadas dúas actividades (por cuestión de espazo é de operatividade é preciso facer a inscrición previa). Esta tarde desenvolverase a actividade «O segredo dos franciscanos», unha visita teatralizada onde se toma contacto cos documentos de conventos franciscanos, para despois realizar un percorrido por lugares vencellados con esta orde na cidade de Ourense. A actividade remata cunha visita ao claustro de San Francisco, para resolver un misterio a partir da interpretación dos capiteis e outros elementos patrimoniais.

 

As mulleres de Ourense

O día 9 haberá dous pases, ás 12.00 e 17.00 horas, da visita teatralizada «A porta do tempo: as mulleres na Historia de Ourense».

A nova proposta do Arquivo ofrecerá un percorrido pola historia da cidade ourensá a través de documentos que amosan espazos da mesma que despois se visitarán.