Carlos Casares e A Galiña Azul

La Voz

OURENSE CIUDAD

Espectaculo para escolares na praza de San Martiño

15 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Ourense promove un espectáculo dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Comezará ás 11.30h na Praza de San Martiño e asistirán 110 nenos e nenas de tres centros de ensino da cidade: CEIP Vistahermosa, CEIP Virxe e Covadonga e CPR A Purísima. Cocorocó é un espectáculo de narración oral e teatro actoral sobre algúns contos e personaxes de Carlos Casares interpretado pola actriz e contacontos Raquel Queizás, e no que se empregan obxectos, monicreques, e debuxos, cunha grande compoñente de interacción co público.