Ferreiro publica o libro «De Xente Nova a Brais Pinto»

Rodri García A CORUÑA / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Fernández Ferreiro é o autor do libro que se presenta hoxe, ás 20 horas, na Feira do Libro.<span lang= es-es > </span>
Fernández Ferreiro é o autor do libro que se presenta hoxe, ás 20 horas, na Feira do Libro. Gustavo Rivas< / span>

04 ago 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Brais Pinto, o colectivo cultural galego formado en Madrid a finais dos cincuenta, xa ten historia escrita. Tiveron que pasar moitos anos para que as vivencias daquel grupo de traballadores e estudantes fora recollida nun libro que leva por título De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais Crónica). O autor é Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931), compoñente do grupo e quen bautizou o mesmo co nome dun afiador de Ourense. Xente Nova era o colectivo que, xunto con Víctor Campos, fundou Ferreiro en Ourense a comezos dos cincuenta.

Neste volume, que será presentado esta tarde, ás 20 horas, na Feira do Libro, Ferreiro recolle a historia de Reimundo Patiño Mancebo, César Arias Rodríguez e Bautista Álvarez Domínguez, xa traballadores cando formaron Brais Pinto, xunto co propio Ferreiro, e dos entonces estudantes Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo Vázquez e Bernardino Graña Villar. Pero esta entretida e documentada crónica de memorias «non é so a historia do grupo, e tamén a historia dunha época e dunha xente», asegura o autor de novelas como Agosto do 36. Así, Ferreiro vai contando a súa estancia en Santiago, encontros con personaxes, divertidas anécdotas e diversas vivencias, xunto coas críticas.