Ben, pero non tanto


28/09/2011 06:00 h

oda redución das cifras anuais de incendios forestais e superficie queimada é unha boa nova. Xa que logo, as cifras adiantadas polo conselleiro de Medio Rural son unha boa nova. Pero, para non caer nun optimismo infundado, compre analizalas con rigor. Así, é preciso salientar que os 4.365 incendios dan un promedio de 16 diarios e 21 por cada 100 quilómetros cadrados de superficie forestal. E que as 12.702 hectáreas queimadas supoñen a perda dun 0,6 % da superficie forestal nun só ano. Ademais, as cifras facilitadas exclúen os conatos (lumes menores de 1 hectárea) e as queimas autorizadas (250.000 ao ano), polo que a superficie queimada é maior.

Admitindo que os datos oficiais fosen reais, analicemos un só dato concreto. O conselleiro afirma que o 2011 é o único do último decenio sen un gran incendio (máis de 500 hectáreas). A resposta oficial recibida pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) sobre o provocado pola queima controlada do 8 de abril en Bande e Verea (Ourense) sinala 475 hectáreas, pero a planimetría do croquis do incendio supera as 500. Hai que ser prudentes.

T

Votación
6 votos