«Cando viñen para a rúa da Granxa parecíame lonxe»

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE CIUDAD

DONO DE TALLERES GARCÍA

09 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Na rúa da Granxa hai un clásico do mundo do taller. Ese é José García, que leva máis de trinta anos acompañando ós veciños no mantenemento dos seus vehículos e vendo tamén e vivindo a transformación desa parte da cidade. -¿En que ano abriu o negocio? -Pois foi no 1975. -Xa son anos. -E esto cambiou moitísimo, totalmente porque en principio a mecánica era dun xeito, logo comezou a electrónica e o avance foi enorme. Tivemos que ir adaptándonos a eses cambios, poñendo nova maquinaria, adaptando as instalacións e acudindo a moitos cursiños porque se non estaríamos perdidos. -Supoño que este será dos primeiros talleres da rúa. -É o primeiro que houbo nela naquela época. Hasta parecíame demasiado lonxe cando viñen para aquí e hoxe estamos case no centro. -¿É vostede de Ourense? -Son nativo do concello de Baltar pero levo en Ourense desde os 15 anos. -¿E como cambiou este barrio? -Eu acordo todo esto por aquí abaixo e San Francisco todo cheo de viñas e agora só hai edificios. Cecais esto evolucionou pouco porque estivo moitos anos como zona verde. Logo fixeron Barrocás e ese novo barrio precioso que están facendo na zona dos Rosais, que lle gusta a todo o mundo.