Proxeccións, premio e mostra de Pego nas Xociviga

ourense / la voz

O CARBALLIÑO

CEDIDA

A actriz, directora e profesora Marina Carballal recibe hoxe o «Xociviga de Honra»

26 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o día 30 • Hoxe: 16.00, 18.00, 20.00 e 23.00 horas no Auditorio. Casa da Cultura: 18.00, 20.00 e 22.45 horas • A mostra sobre Aurelio Pego inaugúrase as 20.00 horas • Logo dunha primera xornada na que o protagonismo recaeu na proxección de «Miss Ledyia», a primeira película de ficción galega, e «Vida», o proxecto liderado por Rubén Riós, as Xociviga afrontan o seu primeiro día de proxeccións e actos institucionais. Os pases das cintas que se poden ver ata o sábado nas Xornadas terán como escenarios o Auditorio e a Casa da Cultura do Carballiño. No Auditorio poderanse ver hoxe a longametraxe «Lobo», os documentais «Unitarias» e «Querida Gina» e a película «Un doutor na campiña» -ás 16.00, 18.00, 20.00 e 23.15 horas-. Na Casa da Cultura pasaranse os traballos do proxecto «Cinema en Curso» -no que participou o IES Chamoso Lamas do Carballiño-, a cinta «A casa da Troia» e «Lobo». As citas serán ás 18.00, 20.00 e 22.45 horas, respectivamente.

«Xociviga de Honra»

Para as 20.00 horas está prevista a inauguración oficial da exposición «Aurelio Pego. Un xornalista cinematográfico galego en Nova York», proxecto comisariado polo investigador Xosé Enrique Acuña. Na cita da sala de exposicións do Auditorio do Carballiño estarán presentes, entre otros, o alcalde, Francisco Fumega, o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e o propio creador da mostra.

Tamén no Auditorio, aínda que neste caso ás 23.00 horas, terá lugar a entrega do premio Xociviga de Honra á actriz, directora e profesora universitaria Marina Carballal. Dende a súa creación teñen recibido o galardón Rosa Álvares, Antonio Durán «Morris», Miguel de Lira ou Manane Rodríguez, entre outros.

Ata o día 30, inclusive • Proxeccións dende as 16 ás 23.00 horas • Inauguración oficial da mostra ás 20.00 horas.