As Letras que fican pendentes

MARÍA COBAS, SINDO MARTÍNEZ O BARCO, XINZO

O CARBALLIÑO

Florencio Delgado Gurriarán e Carlos Casares levan anos sendo reivindicados para un 17 de Maio que non dá chegado

20 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Pasado o Día de Manuel María, comeza a conta atrás para un novo 17 de Maio. Unha nova cita para honrar á figura dun dos nosos escritores máis ilustres, un agarimo que aínda teñen pendente moitos autores. Entre eles destacan os nomes de dous ourensáns, que teñen soado, mais nunca se ten concretado. Son o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán e o limiá Carlos Casares.

O Concello de Xinzo leva anos promovendo a candidatura de Casares. Hai un acordo unánime, do ano pasado, para que se repita a iniciativa desa proposta cada anualidade ata que se faga realidade. Casares medrou na localidade, que aparece en varias das súas obras, e na que foi nomeado fillo predilecto. Despois do seu pasamento, déuselle o seu nome á praza que hai xunto ao consistorio. Ademais, este ano creouse un premio literario para escolares co seu nome, iniciativa do grupo Xinzo Adiante.

Desde Valdeorras sempre se pon sobre a mesa o nome de Florencio Delgado Gurriarán. Pídeno colectivos sociais, veciñais, culturais, políticos... Fai catro anos o Concello de Barco aprobou pedir o 17 de Maio de 2017 para o poeta de Córgomo, pero pouco máis se leva feito desde entón. O martes, varias voces volveron reclamalo.