Inaugurada a Olería do Batán

La Voz

MACEDA

cedida

No museo-obradoiro poderase ver a olería típica da zona de Tioira

16 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo da tarde do venres procedeuse á inauguración da Olería do Batán, unha cita na que participaron unhas 400 persoas, que se foron achegando ao museo-obradoiro pola tarde. O espazo servirá para crear e ao mesmo tempo funcionará como lugar de promoción da cerámica típica da zona de Tioira, en Maceda. O acto estivo organizado pola familia Carrera Conde, en homenaxe ao oleiro Manuel Carrera. As persoas que se achegaron ata o lugar puideron ver de primeira man como se traballa o barro ao estar tres oleiros, dous fillos e un neto de Manuel Carrera, traballando a un tempo. Proxectouse un vídeo no que se podía ver traballando ao artesán homenaxeado e tamén houbo unha pequena mostra de pezas feitas polo propio Manuel Carrera e por Agustín Vázquez, de Niñodaguia.Todos os nenos que acudiron á inauguración foron agasallados cunha xerra elaborada no novo obradoiro oleiro.