Augamare

La Voz

CORTEGADA

Unha nova gastrotenda abre en Carril

25 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Medusa, en galego popular. Este é o nome da gastrotenda que onte naceu en Carril. Na avenida Valentín Viqueira, con Cortegada e o solpor á vista, abre as súas portas un espazo diferente para almorzar ou merendar, para picar, tomar un viño ou unha copa, e deixarse aconsellar por Bea Herraez e Cruz Lijó. Para gozar, sobre todo, do mar de Arousa.