«Estou doída polo tratamento que se lle deu a algo que nos beneficiaría a todos»

a. f. lalín / la voz

ALLARIZ

22 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A idea de poñer en marcha a Feira do Emigrante xurdiu da comerciante Karen Fernández que lla prantexou aos compañeiros da Comisión de Comercio do CCA.

-Como acolleron a súa proposta?

-A maioría pensou que podería funcionar e con data de 9 de xullo presentamos no rexistro do concello un escrito no que prantexabamos a posta en marcha desta iniciativa que conlevaba o peche de parte da Luis González Taboada para subir para alí postos de roupa e tamén para a Praza da Igrexa. As froitas e as plantas quedarían na Rosalía de Castro para non perxudicar á Praza de Abastos.

-Postos ambulantes e comercio local poden convivir perfectamente nunhas mesmas rúas?

-Claro. En Melide, Celanova ou Allariz é unha realidade. Conviven en perfecta armonía e mesmo comentan que son os días que máis vende, os de feira. Se os postos de venda ambulante están legais poden estaren onde lles deixe o concello.

-Como se sente con esta controversia?

-Estou doída polo tratamento que se lle deu a algo que nos beneficiaría a todos. Íamos a ter música na rúa, bandeirolas cos países nos que están os nosos emigrantes,... Era o momento idóneo para facer esta feira. Penso que se o Concello quería rexeitar a solicitude, que pode facelo, debería de facernos chegar un escrito e non usar as redes para preguntar.