Obradoiro de baile galego para nenos en Trives

La Voz

A POBRA DE TRIVES

A actividade desenvolverase na praza do Pilón a partires das 19.00 horas

26 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19.00 horas • praza do Pilón • De balde • O programa de actividades de verán do Concello da Pobra de Trives continúa esta tarde cun obradoiro de baile galego dirixido a nenos. Os cativos poderán aprender nocións básicas durante unha clase na praza do Pilón. Para participar chega con estar puntual para o comezo da actividade, aproveitando a caída do sol e a baixada de temperaturas.