Kukas e Teatro de la Ciudad protagonizan a xornada

La Voz

OURENSE

cedida

O Auditorio Rubén García acolle a representación de «Sueño», de Andrés Lima

19 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 e 23.00 horas • Francelos e Auditorio Rubén García • Gratis e 7 euros • A MIT propón dúas citas para a xornada. Dentro do programa SputMIT chega a Francelos a montaxe «Xan Perillán compra queixo, compra pan», unha proposta da compañía Os monicreques de Kukas. Nesta nova entrega do proxecto escénico de Marcelino de Santiago, Xan Perillán «vai mercar ao Híper mega súper mercado ‘O Rato Colorado’» e aí comezan as súas aventuras». Pola noite, no Auditorio Rubén García, poderase disfrutar da montaxe «Sueño», proyecto de Teatro de la Ciudad e Teatro de la Abadía creado e dirixido por Andrés Lima.

 

Nesta proposta Lima leva á escena unha «comedia moi tráxica, inspirada no universo das comedias de Shakespeare». «Sueño» está protagonizada por los actores Chema Adeva, Laura Galán, Nathalie Poza, Ainoha Santamaría e María Vázquez.