Unha especie en expansión

Adrián Lamosa Torres BIÓLOGO

OURENSE

19 jun 2017 . Actualizado a las 17:39 h.

Oxabaril é unha especie que se atopa en expansión dende os anos 60 a nivel autonómico, peninsular e mesmo europeo. Os primeiros traballos que se realizaron, alá polo anos 80, xa mostraban esta tendencia a incrementar tanto a súa densidade demográfica como a súa área de ocupación.

Calquera lector destas liñas é consciente do abandono do medio rural que se está a producir dende as últimas décadas. Esta situación determinou que antigas áreas de cultivo se converteran co paso dos anos en zonas de mato e incluso zonas de bosque. Por outra banda, en moitas destas antigas zonas de cultivo se cambiou o tipo de cultivo a outro «máis rendible», as plantacións forestais. Isto determinou un incremento de áreas de refuxio para esta especie, de modo que viu favorecida a súa capacidade de dispersión. Paralelamente, a diminución histórica das poboacións do lobo, aínda que non moi marcada en Galicia, favoreceu a súa expansión, ao non ter un depredador que regulase as súas poboacións.

A análise dos datos de caza desta especie parecen indicar un incremento poboacional constante ata, aproximadamente, o ano 2013, momento no que poderíamos dicir que a poboación se estabiliza. Por que entón cada vez son máis comúns as visitas de xabarís ás zonas urbanas? O máis probable é que, simplemente, os animais atopan refuxio e tranquilidade no entorno das cidades e vilas. Ante a incidencia de danos na agricultura as batidas da especie se poden estender durante todo o ano, xa non soamente no período hábil de caza. Ademais, en certas zonas de refuxio onde non se permite a caza se autoriza o uso de cans para escorrentar aos xabarís. Moitos traballos teñen posto de manifesto que estas molestias determinan modificacións no comportamento das especies e no uso que fan do espazo. Isto nos leva a pensar que este rebumbio constante quizais teña causado que os xabarís acabaran buscando acubillos nas zonas, paradoxicamente, máis tranquilas, o entorno das cidades. Logo, as incursións nas rúas das cidades e parques se poden facer habituais durante os seus periplos nocturnos.

Adrián Lamosa es biólogo. Tiene más de diez años de experiencia dedicada a estudios faunísticos y a gestión cinegética. Actualmente es consultor ambiental en Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente.