Ánxela Martín amosa o seu «Diario dunha travesía»

La Voz

OURENSE

A exposición estará aberta ao público no Marcos Valcárcel ata o 16 de abril

25 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 16 de abril • Centro Marcos Valcárcel • 11.00 a 14.00 e 17.00 a 21.00 horas (luns a venres) e de 17.00 a 21.00 horas os sábados, domingos e festivos • No Centro Cultural da Deputación de Ourense inaugurouse onte a mostra «Diario dunha travesía», un proxecto pictórico da artista coruñesa Ánxela Meilán. Entre os participantes do acto de apertura da exposición estivo o escritor alaricano Alfredo Conde, que foi o encargado de presentar o proxecto e é o autor do texto que figura no material de promoción da mostra. Conde define a obra de Ánxela Meilán como a dunha artista «que se explica por si mesma, un estourido de cor e historias encontradas que o contemplador dela atopará doadamente a pouco que se deteña en cada un dos seus cadros e se deixe levar».