A provincia vista pola cámara de Diego Quiroga

La Voz

OURENSE

xmr

As imaxes realizadas polo Marqués de Santa María del Villar en 1959 están expostas en Afundación

09 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Diego Quiroga Losada (1880 - 1976) foi máis coñecido pola súa condición de Marqués de Santa María del Villar. Fotógrafo dunha orixinal personalidade, amosou unha profunda preocupación pola protección e defensa do patrimonio cultural. Percorreu todo o Estado e chegou a formar un importante arquivo, perdido na súa gran maioría no que respecta ao traballo desenvolvido antes de 1936. O Marqués de Santa María del Villar foi un pioneiro na chamada fotografía turística e amosou unha especial preferencia por Galicia, á que estivo vencellado por lazos familiares. En 1959 realizou unha viaxe pola provincia, coa finalidade de promover os seus valores patrimoniais. O Arqueolóxico, que conserva gran parte daquelas imaxes, mostra aquel traballo en Afundación.