«O desfile de carrozas na Festa da Vendima é un espectáculo»

OURENSE

Santi M. Amil

Mañana se celebra una nueva edición de la exaltación de la recogida de la uva en O Ribeiro

27 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

 Mañá Leiro vestirase de domingo para gozar la Festa da Vendima, unha celebración que cumpre 28 anos e da que o alcalde, Francisco José Fernández, fala con orgullo. «É un referente na comarca e na provincia, tamén no tema relacionado co viño», sinala.

-¿Unha despedida do verán, pero un anticipo da vendima, que aínda non arrancou?

-Sempre a pomos o último domingo de agosto, salvo que sexa 31, porque os visitantes marchan. É un pouco anticipada á vendima real pero é como peche do verán e se se pon en setembro corremos o risco de que a xente que participa nas carrozas non poida porque está na vendima real. Aproveitamos que os traballos do campo dan un respiro, acabouse o sulfato e estase esperando a vendima, para poder facer a festa.

-¿É máis unha festa para os do pobo ou para os de fóra?

-É unha festa para a xente, na que participa o pobo de Leiro en gran medida. Sen esa xente que participa nas carrozas e organizando, sería imposible, por moito que se empeñase o Concello. Se non hai participación da xente, sería imposible.

-¿Canto de implicación veciñal hai?

-Absoluta, total. O que non participa nunha cousa, faino noutra. É unha participación íntegra.

-¿Cal é o seu momento favorito da festa?

-Aínda que se metan comigo (ri), o desfile de carrozas. Eu particularmente, e creo que todos os que me acompañan, concelleiros e xente de fóra, cando empezan a pasar a primeira carroza, é o momento de satisfacción. Significa que a festa está en marcha e está saíndo ben. O momento de máxima tensión é cando chega a pregoeira e durante o pregón, que está a metade da cabeza no pregón e a metade pensando se estará todo ben nas carrozas. É o momento de máxima tensión. Despois cando empeza o desfile, xa é disfrutar da festa.

-¿Cantas carrozas participan?

-Hai quince apuntadas. Xa sirve para dar un espectáculo bonito. É un número bonito, todos os anos nos movemos entre 12, 15 ou 18; que é un número bonito porque acostuman vir moi ben preparadas. É un espectáculo importante.

-E despois do desfile, sigue a festa.

-Todo o día. Primeiro comer, despois ver o mercado artesanal, pasear e despois festa con música en directo.