Preto de 10.000 críticas e máis de 40.000 referencias das películas que pasan en televisión

La Voz

OURENSE

31 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Se isto fose un coñecido anuncio, poderíamos dicir que Miguel Anxo Fernández é «posíbelmente» o crítico cinematográfico máis veterano en activo en Galicia ?en La Voz de Galicia é un dos colaboradores con máis anos de experiencia?. Comezou facendo as reseñas nos programas do cineclube e asinou colaboracións esporádicas nalgún suplemento das festas. A finais dos 70 José Platero, daquela delegado de La Voz de Galicia en Ourense, proponlle unha columna semanal sobre a carteleira da capital. Da man de Álvarez Pousa e Arturo Lezcano empezou a colaborar no suplemento Culturas. Calcula que terá visto 25.000 películas e di ver todo tipo de cine para estar informado ?«prefiro ser cinéfago a cinéfilo»?. Ao longo destes anos leva asinado unhas 10.000 críticas e columnas e máis de 40.000 comentarios sobe as películas emitidas en televisión ?nalgúns casos os seus comentarios acabaron ata en titulares de El Intermedio?. Cando lle preguntan por que non dirixe os seus propios films sempre contesta o mesmo: «Non teño paciencia para iso».