«En Ourense hai moitos plans e poucas actuacións»

La Voz

FIRMAS

08 sep 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Para Ramiro, que se formou no campo turístico, a provincia ourensá está moi desaproveitada nese ámbito porque non se ten en conta, precisamente, o potencial do mundo rural neste eido. «En Ourense hai moitos plans e poucas actuacións, así de claro. Hai demasiada palabrería e poucos feitos. Se se teñen ganas e se traballa na liña de darlle valor ás cousas, conséguense cambios. E aí non xogan só os impulsos das institucións, senón a mentalidade da xente; sobre todo da xente moza». Para este emprendedor a potencialidade do territorio está aínda por descubrir. «É difícil de entender que tendo non só soutos, senón terras abandonadas, os mozos prefiran marchar en vez de mirar cara ese potencial e pensar como se pode facer para sacarlle todo o rendemento a ese recurso», razoa.