O público de O Carballiño elexiu «Bye, bye honey» como mellor obra do Fetega

ourense / la voz < / span>

OURENSE

06 sep 2014 . Actualizado a las 06:45 h.

O Festival de Teatro Galego do Carballiño pechou esta madrugada a edición coa que se conmemoraron os seus 25 anos de existencia. Na gala de clausura, que estivo conducida pola compañía de novo circo Pistacatro, celebrouse a xa tradicional entrega de premios do Fetega.

O público que acudiu ás sesións progamadas no certame elexiu, cos seus votos, ao espectáculo Bye, bye honey como a mellor das obras representadas na edición deste ano do festival. Dende a organización do evento lembrouse onte que o galardón ao mellor espectáculo elíxese en base á votación que realizan «os asistentes ás diferentes funcións».

A relación de galardóns tamén incluiu os de Mellor Actriz, Mellor Actor e Premio Honorífico Fetega 2014. O de mellor actriz foi este ano para Rosa Álvarez, da compañía Lagarta Lagarta, e o correspondente ao mellor actor foi para Celso Parada, do grupo Teatro do Morcego. Como xa se anunciara na presentación do programa do Fetega deste ano, o recoñecemento honorífico foi para Xan Pinal, promotor do proxecto do Festival de Teatro Galego.

O galardón ao mellor espectáculo foille entregado polo asesor cultural da Deputación, César Fernández Gil, a César Goldi -que o recolleu en nome da compañía Obras Públicas-. Alexandre Álvarez recibiu de mans de Josi Lage -directora do certamen- o premio correspondente á súa tía Rosa Álvarez, que non puido asistir ao acto. Celso Parada recibiu do director da Agadic, Jacobo Sutil, o recoñecemento como mellor actor e o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, entregou o premio honorífico a Xan Pinal. O galardón do Fetega é unha esculturacrrada por Chicho Carballido.