A revolta cumpriu 25 anos cunha festa

ourense / la voz < / span>

OURENSE

CEDIDA

Allariz conmemorou onte o peche que iniciou o cambio da localidade

12 ago 2014 . Actualizado a las 07:05 h.

Cumprir 25 anos sempre vai acompañado dunha gran festa. E non só na vida das persoas, tamén nas asociacións, nos grupos, no que sexa... Como as efemérides. Onte facía un cuarto de século do inicio daquel peche veciñal que durante tres meses se produciu en Allariz e que levou á dimisión do entón alcalde, Leopoldo Pérez Camba. O PP perdía o bastón de mando, que collía o BNG (primeiro con Anxo Quintana e despois con Francisco García) para non volvelo soltar ata agora. Así que había quen cría (tamén os había que non) que había moito que festexar, e así se fixo. A organización dunha gran festa na praza Maior tratou de ser unha exhibición de orgullo veciñal no que falaron os que iniciaron aquela revolta, e tamén os que estaban de camiño, isto é, aquelas rapaces que naceron naquel 1989; e tamén algúns que agora deciden ser pais en Allariz, onde están a construír un novo colexio. Esa imaxe de futuro foi usada para festexar. E para continuar (aqueles que o están) orgullosos do vivido naquel agosto do 1989 no que empezou o que consideran o cambio de Allariz.