Monterrei acollerá unha nova edición da Xuntanza Internacional de Gaiteiros

OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

A convocatoria foi presentada hoxe na Deputación de Ourense

13 jun 2014 . Actualizado a las 00:40 h.

A fortaleza de Monterrei acollerá este sábado unha nova edición da Xuntanza Internacional de Gaiteiros. A cita deste ano foi presentada hoxe na Deputación polo vicepresidente da institución, Rosendo Fernández, o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e o director da Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo. O organizador da convocatoria, Xosé Lois Foxo, lembrou qua a filosofía do encontro, que o vindeiro ano cumprirá os trinta de existencia, «é potenciar a gaita e enriquecerse coas achegas de gaiteiros que nos visitan doutros lugares», afirmando ademais que a xuntanza «foi dende 1986 un berce de grandes gaiteiros, algo do que nos sentimos moi ledos». Nesta edición contarase coa presenza dos gaiteiros solistas Stjepan Veckovic, de Croacia; Filiz Ikay, de Turquía, e Juanjo Fernández, de Lugo, aos que hai que sumar os Gaiteiros Mirandeses, de Portugal; o Grupo Urzes, de Madrid, e as bandas ourensáns que participan na Xantanza: Cuarteto Monterrei, Banda de Gaitas de Verín, Grupo de Zanfonas da Escola Provincial de Gaitas, Banda de Gaitas Terras do Cigarrón, Banda de Gaitas de Riós, Gaiteiros de Flariz, Cantareiras da Real Banda e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.