A Xunta inviste máis de 8,4 millóns de euros en Ourense para formar a parados

OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Miguel Villar

A directora xeral de Emprego presentou a programación de cursos no Santa María de Europa

10 jun 2014 . Actualizado a las 18:31 h.

A Xunta de Galicia, dende a Consellería de Traballo e Benestar Social, destina máis de 8,4 millóns de euros na provincia de Ourense aos cursos de formación para persoas desempregadas. Á aposta da Xunta por formar aos desempregados referiuse esta mañá a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, nunha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional Santa María de Europa. Segundo os datos facilitados pola directora xeral, que estivo acompañada na visita polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, a aportación económica da Xunta fai posible a organización de 144 cursos na provincia -o 61% do investimento faise en accións que se desenvolven na capital- e os mesmos suman 81.992 horas de formación, das que se beneficiarán en conxunto 2.160 persoas desempregadas. Dos 8,4 millóns destinados aos cursos as accións desenvolvidas en Ourense supoñen unha aportación de 5,1 millóns de euros. Ana María Díaz salientou que «os programas de formación que integran a oferta da Dirección Xeral de Emprego e Formación están normalizados, actualizados e adaptados ás esixencias do mercado de traballo, ao igual que os de anos anteriores».